Tras o levantamento do xeneral Riego, durante o Trienio Liberal (1820-1823), impúlsase a construción do Estado liberal, e con el promóvese unha nova división provincial, aínda que primeiro se recuperan as deputacións de 1813. Tratábase de que esta división alcanzase a todo o país, sen excepcións, e fose a trama única para as actividades administrativas, gobernativas, xudiciais e económicas, segundo criterios de igualdade xurídica, unidade e eficacia.
En xaneiro de 1822 apróbase, con carácter provisional, unha división provincial de España en 52 provincias.
Algunhas destas provincias aparecen por primeira vez, como as de Almería e Málaga (esgazadas do tradicional Reino de Granada),Huelva (do Reino de Sevilla), Calatayud ou Logroño, e outras aparecen con nome novo como Murcia ou as Provincias Vascongadas.
Este proxecto fai poucas concesións á historia, e réxese por criterios de poboación, extensión e coherencia xeográfica. Hai unha vontade de superar os nomes históricos, preferíndose os das cidades capitais. Tampouco se respectan os límites tradicionais das provincias, configurando un mapa novo. Elimínanse os enclaves dunhas provincias noutras, se pertencen a distintos reinos, pero se conservan moitos enclaves cando se achan dentro deste. Este proxecto xerou intensos debates polo número de provincias e a capitalidade, pero non deixaron de ser cuestións menores.
En 1822 restablecéronse os intendentes provinciais como delegados de Facenda. Pero a caída do goberno liberal e a restauración do absolutismo botou a perder co proxecto. En 1823 restablécense as provincias do Antigo Réxime polo que o plan de 1822 nunca chegou a entrar en vigor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario